Sesión 19. Buuuuh, fantasmiñas a nós… Farlee ten unha flor no cu (e salvou os nosos). – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión 19. Buuuuh, fantasmiñas a nós… Farlee ten unha flor no cu (e salvou os nosos).

— Perspectiva de Breina

Na porta vemos unha inscrición na que pon Brysis de Khaen, vémolo despois de limpala para asegurármonos de que estamos diante do lugar que alberga a súa tumba. Oroko teima en atravesar a porta para ir trala voz que tan só el oíu. K’nelitah busca camiños alternativos pero o único que atopa é a confirmación de que ou ben damos volta por onde viñemos ou ben cruzamos a porta. Como o sentido común neste grupo é o menos común dos sentidos, nin tan sequera valoramos a posibilidade de dar volta e non facer caso dos desvaríos dun tolo e comezamos a buscar algún mecanismo oculto que nos permita abrir a porta. Farlee fai gala da súa intelixencia e despois dunha pormenorizada observación infórmanos de que vai ser difícil de abrir (a cuestión é que leva moito tempo pechada e está entalada pero tampouco non lle pidamos tantos detalles) e propón empregar maxia: cero medo ás posibles consecuencias de usar maxia en zonas de Faerzress .

Finalmente, entra en razón, para quietiña e decidimos usar a nosa escasa forza bruta para tentar abrir ás bravas: Farlee refrégase contra a porta; Silge chorrea co esforzo; e, mentres, Breina e Oroko, ábrena.

Vemos unha sala pequena de pedra, coma unha sala, un recibidor. Silge lanza unha pedra para ver se fai saltar algunha trampa. 

 Clonc, clonc, clonc… un eco. Na cabeza de Oroko, resoa unha voz que lle di que imos ben, que sigamos avanzando. Todo normal, unha información moi fiable e tranquilizadora. Silge cólase pola regandixa que conseguimos abrir. Ve un debuxo de pedra que representa unha feiticeira moi nobre, rodeada de escravas e unha cidade. Ó fondo da estancia hai unhas escaleiras que baixan, semella que ata moi abaixo, pero Silge só chega a ver o primeiro entrechán. Non parece haber nada sospeitoso máis alá da curiosidade do calendario debuxado na parede, polo que nos anima a entrar ó resto. Oroko investiga o calendario. Parece estar baseado no movemento das nubes e do sol. É un calendario das cidades que flotan no ceo, esas que caeron, afundiron ou como fose… Non é capaz de averiguar canto tempo leva alí, aínda que estima que máis de cen anos. Decidimos chamar polos que quedaron arriba para que Jimjar bote unha man e Stool estea protexido. Buppido, pois tamén que non vai quedar alí el só. Stool baixa a rolos e chega ós brazos de K’nelitah tan magullado coma entusiasmado. Jimjar e Buppido estámpanse contra o chan.

Comezamos a baixar as escaleiras.

Descendemos o que semellan ser varios niveis ata que chegamos a unha sala. Vemos tapices vellos, cheos de po e rasgados. Non se distinguen xa as imaxes. Contra a parede da esquerda, un altar de pedra. Tamén hai dúas portas.

K’nelitah e Oroko diríxense ó altar para investigalo. K’nelitah imaxinando o ouro que puido haber alí, pérdese en ensoñacións. Oroko observa que o deterioro é máis recente ca esa centuria que estimou antes. Só se ven os danos, non rastros de quen ou que os causou.

Aparecen símbolos de elementos máxicos e un pequeno relevo da feiticeira que vimos representada na entrada. Antóllase unha semielfa. 

A voz resoa de novo na cabeza de Oroko. A este meu curmán patínalle a neurona cousa fina, ás veces sinto vergonza allea, e sorpréndenos dando un concerto dende o altar para comunicarse con ela. Preséntase como a Portadora da Alba, a que dá luz nos lugares escuros, unha espada de luz, e indícalle a Oroko que debemos seguir baixando para atopala. Isto non nos soluciona a dúbida que tiñamos de por cal das portas debemos ir. Farlee lembra que leu nalgún lugar que hai armas máxicas que poden ter personalidade propia, que maioritariamente son lendarias e poderosas e que, algunhas, mesmo poden ter un poder diferente en función do ser que as branda. 

 Das dúas portas, unha está moito máis ornamentada que a outra. Farlee decide que esa debe de ser a boa e, coa axuda de Oroko, empúrrana e ábrena. Diante, atopan outra porta que dá a unha sala onde hai un sartego. Os muros foron excavados en forma de nichos e neles hai xerros exipcios de cerámica. Na tapa do sartego hai unha serie de mosaicos que na distancia non se distinguen moi ben por estaren cubertos de po. A tapa do sartego semella moi pesada.

Farlee cágase pola pata e négase a abrir a tumba, mentres Hemeth nos anima a saqueala. Parece que algo aprendimos e tampouco nos apetece arriscar. Farlee limpa a cuberta do sartego. Agora percíbense uns mosaicos que representan cidades flotantes con fermosas paisaxes. Entre as cidades, hai criaturas humanoides que voan sobre criaturas aladas. Aparece o nome de Brysis de Khaen.

Oroko retírase de novo para falar coa Portadora da Alba. Consegue que lle conte que a súa última portadora foi Brysis e que lle narre o cataclismo que fixo caer as cidades do ceo. Brysis caeu no derradeiro combate, vítima do esgotamento e a pena. Dende ese momento, a espada só percibíu un silencio roto en contadas ocasións por extrañas brisas.

Farlee e Oroko volven á sala na que quedamos o resto e tentan abrir a outra porta cun resultado tan nulo coma ridículo. Coa axuda de K’nelitah conseguen abrila.

Ó outro lado, vemos catro sartegos de pedra. Cada un ten na tapa unha escultura dunha figura humanoide durminte, tapada cunha capa. Oroko ten a iluminación de que quizais a baixada ó nivel onde supoñemos que estará a espada, pode estar agochada no interior dun dos sartegos. K’nelitah disponse a petar nas tapas para ver se o son lle indica algo pero Farlee detena e pídelle que antes os observe. Parécelle que na parte inferior do sartego ubicado máis ó nordeste hai uns rodamentos que poderían servir para movelo.

Entón, recupera a súa idea inicial e peta nunha das tapas… provocando a aparición enriba de cada un dos sartegos duns espectros moi cabreados por seren importunados.

K’nelitah sinte como unha man atravesa o seu corpo e lle vai drenando a vida… deixándoa ó límite das súas forzas. Breina tira unha frecha e dá nun dos espectros pero semella que boa parte do dano se esvaece. Mentres, Fango corre á outra sala e rasca o sartego de Brysis chamando pola súa axuda… pero non semella que aconteza nada.

Jimjar bota a correr a unha velocidade endiañada, salta sobre K’anelitah coa súa espada curta, evitando os ataques dos espectros, e atácaos. Dá no seu obxectivo e, dalgunha maneira, consegue causarlles dano. Farlee decide facer un conxuro para iluminar e ver algo. A inestabilidade provoca que o seu conxuro se convirta nun lanzamento de proxectís que consegue reorientar matando a un dos espectros. ¡Nunca vin a ninguén con tantísima (sorte) pericia!

Silge saca a ballesta e dispara pero o virote pérdese sen darlle a ninguén. K’nelitah, un chisco desesperada, emprega o mesmo conxuro máxico, iluminando a un dos espectros. De súpeto, vese rodeada por unha música etérea que a envolve e lle nubra o entendemento. Buppido dispara e golpea con suavidade a unha das criaturas. Vai parecendo máis brandiña pero… aínda segue aí. E segue aí mesmo despois de arrearlle Oroko unha pedrada coa súa honda.

Hemeth corre á outra sala e tenta abrir o sartego… ou non. Os espectros atacan a Oroko e Jimjar que notan como a vida marcha do seu corpo. Jimjar está moi malferida. Oroko interponse entre ela e un dos espectros e a duras penas aguanta o golpe. Breina entra na sala armada coa cimitarra e solta un bo golpe pero a penas logra facerlle dano ó espectro. Jimjar, malferida, xa non atina.

Farlee segue desafiando á inestabilidade máxica lanzando feitizos. Consegue eliminar a un espectro… e aparecer triplicada, ¡como se non houbese suficiente con ter unha! K’nelitah consegue rematar co terceiro espectro cunha certeira pedrada da súa honda e celébrao canturreando a música que resoa na súa cabeza. Buppido decide aportar algo lanzando un virote da súa ballesta.

Jimjar revólvese xa sen medo de danar a Oroko que conseguíu afastarse e lánzalle dous violentos ataques ó espectro, deixándollo franco a Farlee que corre co seu bastón en alto para darlle o golpe de gracia… e consegue que o seu bastón o atravese sen máis. Sarith, dende a distancia, remátao ó berro de “¡por Silge!”.

Eliminada a ameaza espectral, Hemeth empurra de verdade a tapa do sartego e consegue abrilo. Del emerxe unha voz que retumba na sala: “perturbastes o descanso de Brysis de Khaen, ¡seredes malditos!”.

Hemeth sae indemne pero Fango non ten tanta sorte e queda maldito, desexando con tódalas súas forzas ter feito caso daquel primeiro impulso de traballarlle nunha perna a ese imbécil.

Dentro do sartego no canto dos restos dun cadáver hai unha estatua a tamaño natural dunha semielfa. Esgotadas por toda esta actividade, decidimos parar a descansar antes de afrontar o que vén: toca mover o sartego que vimos que está montado sobre rodamentos.

Bah, morralla, ¿que pode pasar?

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoJimjarStoolHemezh

Calculadora de Experiencia de creación propia. 

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Sesión 18. Nos acercamos, tesoro o muerte. – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión 18. Nos acercamos, tesoro o muerte.

— Perspectiva de Farlee

Silge nos presenta a Grazilaxx, un Mindflayer que parece bastante educado y sereno, que se comunica con nosotros por telepatía, nos comenta que está investigando con su grupo sobre los Faerzress (Zonas en las que se detecta magia inestable) y que además últimamente hay una gran actividad de criaturas demoniacas poderosas, en un momento de la conversación se acerca a Oroko de forma curiosa y le toca la cabeza con su permiso (por supuesto), ya que dice ver algo especial en el… le dice que si llega a concentrarse y mediante la meditación puede escuchar las voces de algunos seres que no se encuentran entre nosotros u otro tipo de criaturas… es capaz de escucharlas o detectarlas pero no de comunicarse con ellas, en el caso de Oroko la meditación le llega a través de la música, así que decide tocar una melodía que nos trasporta a un recuerdo de nuestro hogar…en ese momento de meditación parece oír algo y nos cuenta que acaba de escuchar a alguien pidiendo ayuda.

En un giro de acontecimientos la situación con Silge y Grazilaxx se tensa y entran en una pelea donde Silge acaba rápidamente en el suelo inconsciente, gracias a Kanelitah y sus suplicas la pelea acaba y nuestro nuevo visitante se marcha teletransportándose y diciéndonos que pronto volveremos a saber de su grupo y que espera que para el próximo reencuentro podamos aportar más información para su investigación.

Seguimos nuestro camino y encontramos una zona con telas de araña (como no… parece nuestro sino) donde puedo ver que en ese momento estábamos a salvo ya que no había ninguna araña al haber hace poco una pelea, Kanelitah empezó a investigar los capullos que se encontraba (con intención de encontrar algo para comer) y pudo ver en uno de ellos unas orejas de color verde… recordó a nuestros amigos los goblins y prefirió no seguir investigando, pobres… los siguientes capullos que encontró tampoco continuó investigandolos ya que solo encontraba pequeñas criaturas de la infraoscuridad como Buppido…

Bajamos por una ruta donde saltamos por unas telas de araña y encontramos una puerta en arco con unas escrituras en élfico que limpiamos para poder investigar, tras haber bajado todos hacia donde estaba la puerta y haber sufrido un par de caídas aparatosas, Oroko vuelve a escuchar la voz pidiendo socorro y que necesita salir de ahí después de mucho tiempo… todos sabemos que esto nos lleva a una trampa… ¿que hay detras de la puerta?

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoJimjarStoolHemezh

Calculadora de Experiencia de creación propia. 

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Sesión 17. Bicando Terra. – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión 17. Bicando Terra.

— Perspectiva de Kanelitah

Despóis da súa aventura nas alturas arácnicas, os nosos aventureiros dispuxéronse a continuar coa viaxe. navegando a través de lago escuro con Oroko valentemente ao mando, ata atopar unha illa onde pensaron poder reabastecernos. A sorte non estivo con eles, xa que a rocha estaba marcada como territorio dunha saga, e os seus pobres intentos en recolectar algo de auga resultaron en Kanelitah vendo un monstro nun caldeiro e quedando traumatizada.

Volveron rápidameente ao barco e continuaron a suá viaxe, turnándose para descansar e navegar. Nun momento dado, os aventureiros foron atacados polas mantas que se desprenderon do teito. A loita foi sinxela, pero Silge descrubriu que no seu brazo apareceran unhas marcas similares ás do rostro de Sarith. Un síntoma da sífilis da infraescuridade? Quén sabe! Moito se falou tamén no barco do curso que debían tomar unha vez chegados á cidade duergar. O mediano que rescataran, Fargas, insistía no seu interés en visitar a tumba de Kaen. Buppido, que antes dixera ser propietario dunha mansión, tamén parecía ter moito interés nestes cartos.

Mentres tanto, Sarith, nun momento de lucidez, tratou de convencer a Kanelitah de que vender a Fargas como escravo no estaría fora do razoable… algo que lle deu que pensar. Pola súa parte, Hemeth, que perdeu a confianza do grupo, tamén trata de facer argumentos por entrar directamente na cidade sin pasar pola tumba, esgrimindo como razón que criaturas tales como Farlee, Fargas, ou Silge poden acadar un prezo considerable no mercado. Kanelitah só quere unha cervexa. Breina e Oroko mostran preferencia por pasar primeiro pola tumba a facer caixa, xa que as restriccións das cidades duergar poderíanse ver relaxadas ante aqueles cuxa carteira teña un peso considerable. Tras unha votación, o grupo decídese por este camiño. Farlee, nun acto de amabilidade que será recordado por séculos, ofrécelle a Kanelitah algo de alcohol destilado.

Finalmente, os nosos exhaustos heroes chegan a terra e atopan un regato onde saciar a súa sede. Para descansar e recuperarse da viaxe, botan unha noite no barco. Un trío de goblins achégase durante a garda de Jimjar, e gracias a un feitizo, Farlee consigue discernir que se trata de 3 escravos fuxidos que queren roubar o barco para escapar. Tras unha conversa de besugos con Kanelitah, fuxen asustados pensando que o grupo quería devoralos. Pobriños.

Ao despertar, o grupo decide deixar o barco só, xa que 2 persoas non poderían gardalo adecuadamente, e buscan algo de comida para continuar a viaxe cara a Tumba.

Durante a noite seguinte, Sarith esperta a Silge para advertirlle de que un Mindflayer está conversando tranquilamente con Fargas. Esto parece ser certo. Logo dun breve ataque de pánico, Silge recobra a compostura e ten unha charla moi civilizada con esta amigable criatura, e dispóñense a despertar ao grupo para acer presentacións.

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoJimjarStoolHemezh

Calculadora de Experiencia de creación propia. 

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Sesión 16. Arañas, demos e tesouros. – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión 16. Arañas, demos e tesouros.

— Perspectiva de Silge

Despois de atravesar as telarañas por fin temos contacto visual coa criatura que a piques estivo de esnaquizar o barco con todos a bordo. O espectador atópase detrás dunha estatua de pedra de gran tamaño que, según nos indicaron Yuk Yuk e Cebo de araña, utiliza para ampliar o alcance dos seus ataques. Desconfiando que o noso inimigo sexa moito máis poderoso do que pensamos decidimos optar polo sixilo e achegarnos sen que nos perciba.

Kanelitah avanza en cabeza e pese á súa cautela non pode evitar que o espectador perciba a súa presenza e a ataque. Pola súa banda Oroko, Jimjar e Breina optan por ataques a distancia con arcos e bestas que semellan ser moi efectivos. Aproveitando estes instantes de batalla, Silge avanza entre as sombras e consegue colocarse ás costas do espectador sen que este o detecte para asestar un duro golpe coas súas espadas. Farlee utiliza as súas habilidades máxicas para aumentar a súa capacidade de esquivar os golpes do espectador e aproveita para lanzar un dos seus potentes golpes.

Neste punto, o espectador comeza a desesperarse ante os ataques deste grupo de indesexables “demos” e reclama a axuda das súas compañeiras arañas que comezan a achegarse dende distintos puntos das extensas telarañas. Mantémonos firmes e seguimos atacando sen descanso ó espectador ata que conseguimos que finalmente caia derrotado. Agora o perigo achégase dende os flancos en forma de 3 enormes arañas que nos ven como a súa fresca e deliciosa cea. Facendo uso das reservas de forzas que nos quedan, loitamos contra as arañas e finalmente vencemos. Un instante de calma despois de tanta liorta sempre é de agradecer.

Achegámonos á estatua que o espectador estaba a empregar para amplificar o seu poder e agora podemos indentificar como se trata dunha representación dun poderoso mago evocador. Farlee e Oroko, como integrantes con experiencia no uso da maxia, inspeccionan a estatua e identifican unha inscripción moi deteriorada polo paso do tempo na que se poden distinguir as seguintes letras.

Hal—ter Blac—–k

De súpeto Oroko lembra que entre o seu amplo repertorio musical hai unha canción que menciona a un antigo mago tolo coñecido como Halaster Blackcloak. Tratábase dunha sinistra personaxe que cometeu numerosos crimes na área que estaba baixo o seu goberno. Farlee pola súa banda lembra que este mago era coñecido en Waterdeep xunto ó seu equipo, ós que se coñecía como “os sete”. Halaster Blackcloack dedicábase a crear criaturas de dubidosa ética e enviabaas ás cavernas.

Con esta información facemos acopio de carne de araña, pese ás reticencias de orixe relixiosa de Kanelitah, e poñemonos en marcha para voltar ó barco o antes posible.

De camiño ó barco atopamos a Yuk Yuk e Cebo de araña que nos reclaman a súa parte do botín. Con toda incredulidade respondemos que non había nada de valor xunto ó espectador. Os goblins limítanse a sinalar ó extremo oeste das telarañas onde din que hai un cofre cheo de tesouros. Por unha vez non nos deixamos levar pola nosa avaricia e decidimos seguir o noso camiño. As promesas de grandes tesouros xa nos trouxeron problemas en anteriores ocasións, especialmente a Shuushar, a luz o acolla no seu seo.

Indicando a Yuk Yuk e Cebo de araña que poden ir buscar eles mesmos o tesouro e quedar con todo o botín seguimos o noso camiño de volta ó barco. Nestra travesía levamos connosco ó misterioso mediano que atopamos envolto en telarañas e que polo momento segue baixo os efectos sedantes do veleno das arañas.

De volta no barco poñemos toda a nova información que temos en común co resto do grupo e decidimos con Hemez que a nosa mellor alternativa é navegar un pouco para afastarnos do perigo e descansar nunha zona un chisco máis tranquila. Durante este tempo, o mediano que rescatamos volve en sí e intentamos saber algo máis da súa historia. Chámase Fargas Rumblefoot e cóntanos que ía xunto cun grupo de cazatesouros en busca da Tumba de Kaen cando foron atacados e que non lembra nada máis. Cóntanos que esta tumba pertence á poderosa feiticeira de Netheril coñecida como Brisis e que se conta que está chea de tesouros. Xa que perdeu o seu antigo equipo de cazatesouros está disposto a compartir connosco a información que ten a cambio de repartirmos os beneficios. Desconfiados recorremos ás esporas de Stool intentando ler nos pensamentos deste individuo algo que nos aclare se é de fiar. Polo pronto descubrimos que, como calquera cazatesouros, vendería á toda a súa familia a cambio de riquezas así que o mellor será andar con coidado á hora de fiarnos del. Tamén descubrimos que a Tumba de Kaen se atopa nas proximidades de Gratshlug, nunha zona de túneles cuberta de telarañas.

As cousas comezan a poñerse interesantes, antigas tumbas, grandes tesouros. Non perdades o próximo episodio desta trepidante aventura, amigas!

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoShuusharJimjarStoolHemezh

Calculadora de Experiencia de creación propia. 

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca