Nascente da Lamia: Orixes.

O Nascente da Lamia é unha Universidade Máxica situada en Arcavios Galaicos.
Este é un territorio neutral, no que as rivalidades entre razas, territorios,
incluso entre escolas máxicas, deben deixarse a un lado.

Esta universidade énchese de gran diversidade de estudantes de todas as
orixes, identidades e condicións cada ano, co obxectivo de aprenderen,
ampliaren ou melloraren nos seus estudios e desempeño máxico,
sen deixar atrás os deportes, as artes e o crecemento social e persoal.

Fundación do Nascente da Lamia

Esta universidade foi fundada por 6 criaturas galaicas:

  • Lamia/Lumia Strixhaven
  • Escoler Lorehold-Sapiéntium
  • Responsadora PlumaPrateada Silverquill-Plumarxéntum
  • Vedoira Mustia Witherbloom-Flosmarcitus
  • Meiga Prismari
  • Moura Quandrix

Unha criatura engaiolante, con poder de encantamento e afinidade coa natureza, con tétricas lendas de dor e medo ás súas costas.

A Lamia foi a ideadora final do Nascente que a refire, sendo áxil na proposta, sendo perceptiva de todos os beneficios que podería darlle tales alianzas e un pacto por proved dun lugar de encontro e saída a coñecemento almacenado por tan diversas ccriaturas ó longo dos anos.

Imaxe de YS.animart

A maioría das criaturas máxicas de Galaicos actúan de forma individual e independente, tampouco organizándose ou colaborando con criaturas semellantes, razón que volve todavía máis excepcional o nacemento desta universidade.

Todas estas criaturas acabaron atopándose, hai 700 anos, rivalizando polo poder, por terreos e disputas moitas veces herdadas. Agora ademais querían facerse con aprendices de maior nivel para que lles axudaran nas súas adquisicións persoais de coñecemento. En vista da incompatibilidade dos seus desexos acordaron un encontro no que saldar as súas diferenzas. Todas as criaturas reunidas espuxeron os seus puntos, a valía do coñecemento relacionado coas súas áreas, creando balbordo e subindo cada vez máis o tono, ameazas…
Atopábanse preto do nascente dunha lagoa habitada por unha Lamia que descansaba tras alimentarse. Non podendo descansar optou por interromper a disputa e, nun inicio, unirse a ela. Sendo consciente de que ningunha parte cedería ante as oturas e de que esa disputa sería interminable e podería derivar nunha batalla que destrozaría o seu fogar, optou por propoñer un lugar no que non só se estudanse todas esas áreas de interese de cada criatura, senón que puideran unhas aportar ás outras, permitiendo que o coñecemento fora máis diverso e sólido, mais co compromiso de respectar o lugar como neutral, deixando atrás as rivalidades.
Eran criaturas ambiciosas e intelixentes, sabían que era unha opción que permitiría que volveran ós seus estudos e difusión do coñecemento o antes posible, polo que acordaron que a Lamia sería a árbitra e mediadora, sendo imparcial. Acordaron que ese lugar era o idóneo, ese lago, ese Nascente o para reafirmar a futura colaboración entre as escolas, optaron porque a Universidade fora denominada Nascente da Lamia. Aceptou atraída tamén polo poder que iso lle outorgaba e a capacidade de obter con facilidade tantos tipos de coñecemento e adquirir unha gran notoriedade, así naceu o Nascente da Lamia.

Como símbolo do seu compromiso todas as criaturas compartiron as súas habilidades entre si. Neste momento 5 poderosos vórtices de maná xurdiron do ceo, dise que foi debido á colisión de dous mundos opostos, cuxo maná incrementou as habilidades das criaturas, xerándolles dous extremos opostos do seu poder; poder que acabarían converténdoas en símbolos máxicos Arcavios Galaicos. A Lamia non recibiu ningún deses vórtices pero estaba posicionada no centro nese momento e actúa como axente estabilizador deses grandes cúmulos de maxia.

No intercambio de poderes, a Lamia concedeulles a habilidade para poderen convertirense, coma ela, en dragóns e dragonas. Esa é a forma que adoptan ó viaxar a outros planos, criaturas poderosas, temidas e identificables e, por iso, en moitos planos pénsase que o Nascente foi fundado por un grupo dragón, máis nada máis lonxe da realidad, só media dragona forma parte da súa fundación.


📜 Escola Vestixios da maxia – arqueomancia [Escoler Lorehold-Sapiéntium]

Escoler é unha especie de nubeiro, polo que ten control sobre o ceo, os raios, o aire, as treboadas… o que lles dá gran poder de destrución do que gozan con crueldade e capricho, en ocasións para poñer a proba o seu poder. O que distingue a escoler do resto de nubeiros é a súa sabedoría, as ansias de coñecemento, e as de Escoler Lorehold-Sapiéntium eran tan elevadas que o fixeron deixar nun segundo plano o seu gran poder climático para centrarse en ampliar os seus coñecementos. Deuse conta que permitir que outras criaturas aprenderan permitía abarcar máis cantidade de coñecemento e, sobre todo, máis áreas nas que poder atopar civilizacións antigas, obxectos antigos… toda esta información parecíalle fascinante.

Imaxe de J.P.Aguilares

Esta escola está centrada na arqueomancia; a investigación do pasado, das antigüidades na procura do coñecemento, aprendendo da historia previa.

A súa dualidade exprésase no caos e na orde, asociadas antigamente ó vermello e ó branco e na actualidade ó dourado e ó branco.


🩸Escola Transcendental – Esencia [Vedoira Mustia Witherbloom-Flosmarcitus]

O destino transformou a vida de Mustia, nada maldita, con poderes adiviñatorios: ver vir a morte allea, xunto á capacidade de sanar certas doenzas e de dar con almas perdidas e poder guialas evitando a procesión de ánimas da Santa Compaña.

Custoulle afacerse a tales capacidades pero aprendeu os beneficios que poden darlle, adquiriu coñecementos sobre a vida, sobre a morte, que poden axudar a outras criaturas a comprendelas, a valorar ese velo proceso trascendental e poder facer eses coñecementos.

Imaxe: autoría non identificada.

Esta escola está centrada na trascendencia; vida e morte, crecemento e decadencia, orixe e fin.

A súa dualidade exprésase nas raíces e nas veas, asociadas antigamente ó negro e ó verde e na actualidade ó negro e ó vermello.


🪄 Escola Artes Elementais [Meiga Prismari]

Meiga Prismari acadou gran habilidade no dominio das artes elementais e foi nun parlamento de meigas cando percebiu que, como meiga, moitas máis habilidades están o seu alcance. As súas compañeiras ensinárona e ela a elas, así ampliou os seus coñecementos pero considera que perdeu moitos anos de estudo e mellora. Cree que debería haber un lugar de encontro no que a xente se reuna para recoller o coñecemento comunitario e compartir o propio.

Imaxe: autoría non identificada.

Esta escola está centrada nas artes elementais; lume, auga, aire, terra, relámpago, calor e frío.

A súa dualidade exprésase na perfección e na expresión, asociadas ó azul e ó vermello.


🍀 Escola Natureza e equilibrio – Numeromancia [Moura Quandrix]

Moura Quandrix, xunto a outras compañeiras, é parte da natureza, parte creadora dela, dos lagos, as pedras, as árbores, coñece a importancia do equibrio.

Non todas as criaturas teñen estes coñecementos e danan a terra, son inorantes ou arrogantes. Ela considera que amosando, ensinando, poden darse de conta das implicacións do seu descoñecemento e da sua autodestrución. Ensinar a todas as criaturas posibles sobre a importancia do equilibrio e coñecer e coidar da natureza é un coñecemto básico que debería ter calquera e reunírense para aprender e melloraren eses coñecementos, puidendo ser parte creadora e coidadora tamén da natureza.

Imaxe: autoría non identificada.

Esta escola está centrada na numeromancia; a unión das matemáticas e a natureza.

A súa dualidade exprésase na teoría e na realidade, asociadas antigamente ó azul e ó verde e na actualidade ó azul e ó dourado.


👁️‍🗨️ Escola Elocuencia [Responsadora PlumaPrateada Silverquill-Plumarcéntum]

PlumaPrateada, como o resto de responsadoras e responsadores, acadou o seu recoñecemento grazas ás súas habilidades para a negociación, a expresión, foi aclamada polo seu entorno.
Foi cada ano máis consciente das dificultades que outras criaturas tiñan para expresarse e cómo isto afectaba en que foran escoitadas tamén en sucesos importantes, vitais, cómo os problemas de expresión impedían o avance, impedían evitar erros. Tras tantos anos de experiencia decidiu que precisaba asegurar de que as seguintes xeracións souberan expresarse mellor, precisaba difundir os seus coñecementos como fora.

Imaxe: autoría non identificada.

Esta escola está centrada na elocuencia; as habilidades de retóricas e oratoria.

A súa dualidade exprésase na luz e as nas sombras, asociadas ó branco e ó negro.

Notas:
· Selección da mitoloxía galega empregada en colaboración con YS.animart.
· Logos deseñados por YS.animart e dixitalizados por Alejandro Polina.
· Adaptación da aventura de Strixhaven á ambientación galega.

Bibliografía:
Galicia inmaterial. Galicia máxica : Casteleiro Santos, José Luis, García Seoane, Miguel, Sardiña, Carlos: Hércules Ediciones.
Lendas galegas. O panteón galaico: Recreación de la Historia: https://recreacionhistoria.com/
Lendas galegas. Criaturas presentes na mitoloxía galega: Recreación de la Historia: https://recreacionhistoria.com/
O libriño da Mitoloxia Galega: Lingua Galega, Edu.Xunta.Gal: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesasmarinas/aulavirtual/mod/book/view.php?id=1637
Fantasía Celta: David Tebras: https://www.davidtebras.com/FantasiaCelta
O país da moura. Ab Origine: O Portal da Lingua Galega: https://www.lingua.gal/recursos/destacamos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_530.html

D&D 5e. Nascente da Lamia: Currículo do Caos. Campaña de rol en galego. Strixhaven. Adaptación.

Nesta entrada inclúense as modificacións de ambientación e aplicación de regras que empregarei na dirección campañas de Strixhaven.

Módulo Oficial

Previamente compartín unha entrada específica con algo de información deste libro que deixo a continuación:

D&D 5e. Strixhaven: Currículo do Caos. Unha ollada ó manual. 

Regras

D&D 5e. Regras Caseiras Propias sobre Sistema e Ambientación. Meu estilo de xogo. Galego.

A maiores incluirase o testeo da seguinte norma: Regra Extra: Tirada esquiva/defensa

Na contra de CA pasiva, no equipo engadirase esquiva ou armadura co modificador de armadura e cando se sexa obxectivo de unha tirada de ataque inimiga, na contra de tirar a criatura, tirará quen se protexe/esquiva.

Actualmente, nas regras oficiais funciona do seguinte modo:
CA a igualar: 15
Tirada de ataque 1d20+3

Pasaría a :
Tirada esquiva/defensa: 1d20+5
Ataque a superar: 13

Esta aventura será dirixida en galego, polo que todo o grupo debe entendenlo e, polo menos a maioría, poder falalo ou ter a intención de aprendelo (sería bonito ver como alguén, ó longo da campaña vai afacéndose á lingua).

Se alguén non pode comprometerse a longo prazo, aínda que teño pensado facela como por seccións de modo que irei preguntando a cada membro ó ir rematándoas se quererá seguir, poderían verse colaboracións puntuais nalgunhas partidas.

Os obxectivos son:

  • Pasalo ben gozando do rol, do grupo e da aventura
  • Difundir o rol en galego
  • Animar a máis xente a probar e pasalo ben xogando ó rol

 

Advertencia para quen queira xogar esta aventura comigo:

Se alguén quere non sesgarse polo contido da aventura como as escolas ou outros aspectos e quizais acceder de un modo inusual, que me comente a súa idea ANTES de ler o resto do contido desta entrada, para que poidamos organizar e lle comento cáles debería ler. Por exemplo, podería facer a súa personaxe libremente e que, de acordo a esta, eu lle escollese a escola (ou quizais non pertencer a ningunha).

Modificacións nas Escolas do Nascente da Lamia

Esta universidade partiu igualmente dun grupo dragón que a fundou pero cada membro foi inspirado por unha criatura diferente da mitoloxía galega, nun encontro, nos seus soños…

Na primeira fila aparecen os nomes “orixinais” (traducidos) da aventura, na segunda os nomes que

ArqueomanciaElementosMatemáticas e naturezaRetranca, oratoriaVida e morte
Vestixios da maxiaArtes ElementaisNatureza e equilibrioElocuencia e retrancaTrascendental
EscolerMeigasMouraResponsadoraVedoira

Particularidades na Creación de Personaxes

No meu caso posiblemente ubique a universidade nun plano aparte á que non calquera pode acceder, debe haber unha razón para iso que deberá incluirse no trasfondo (alguén que estivo nela decidiu darlle pistas a alguén de como conseguilo, detectar un talento natural, argallar un engano, unha casualidade…).

Tratarei de adaptar a aventura ós trasfondos do grupo.

Os conxuros asociados a cada trasfondo e a dote iranse adquirindo ó longo da aventura.

Lamia Escura: criatura mitolóxica galega – arte de ys.animart. Galego

A Lamia é a criatura que dá nome a esta web. Como se comenta na entrada de presentación, o logo foi creado por miña irmá e, nesta entrada de ano, vou inicialo presentando a imaxe da Lamia como personaxe, feita por ela mesma.

Como indiquei na primeira entrada, a Lamia é unha criatura mitolóxica que aparece en diversas mitoloxías, na galega, a Lamia, ou Lumia son criaturas malignas, fermosas, con medio corpo de dragona e medio corpo de muller. Viven en covas e hai lendas que din que encantan homes infieis coas súas cancións e lles chuchan o sangue.

Monstro composto por corpo dragón e face de muller, en xeral de gran fermosura. Adoitan estar vinculadas ó folclore dos castros debido á súa capacidade para faceren encantamentos, viviren en covas e causaren diferentes danos (similar ás mouras), emitiren cantos engailadores (similar ás sereas), zungaren sangue (similar ás meigas chuchonas, incluso co vampirismo). Dise que son invocadas nos ríos e tamén se vinculan con formas acuáticas como peixes ou parrulas. Algunhas lendas foráneas falan de que foi amante dun poderoso deus, e a súa parella, en vinganza matou ás crianzas da Lamia que, entolecida, foi asociada a zugar sangue infantil e asasinatos. (Galicia inmaterial. Galicia máxica : Casteleiro Santos, José Luis, García Seoane, Miguel, Sardiña, Carlos: Amazon.es: Libros)

Autora arte – YS.animart

A creadora é a miña irmá, chámase Yas. Si, si, Jes e Yas un momento de inspiración de miña nai e meu pai sen fin �,

Se queredes ver máis das súas creacións, aínda que non as fai profesionalmente a pesares da súa habilidade, podedes acceder ao seu perfil de Instagram.

A maioría dos seus debuxos son con técnicas tradicionais (lápis, ceras, acuarelas, etc.) e agora está probando coas dixitais. Tamén experimenta con algo de cerámica e ganchillo (tentada por min �).

O contido é bastante diverso: anime, videoxogos, D&D, animais, mitoloxía, debuxos personalizados, etc. Alí podedes ver, por exemplo a Vivi do FFIX ou a Erwin Smith de Shingeki no Kyojin.

As súas creacións naceron da súa afición e interese artístico, comezou a compartilo recentemente por diversión, así que calquera persoa interesada será ben recibida na súa conta. É moi riquiña, como non pode ser de outro modo  �.

Se queredes utilizar os seus deseños ou as súas imaxes con fins non comerciais debedes facer atribución da súa autoría; para fins comerciais poñédevos en contacto con ela.

Os mellores desexos para o ano 2022!