Sesión 13. Movida con Troll no Lago Escuro. – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión 13. Movida con Troll no Lago Escuro.

— Perspectiva de Kanelita’h

O encontro ca sirena debeu ser premonitorio, porque non ben nos puxemos a navegar, o barco empezousa a abanear como un borracho ás 3 da maña e acabamos nunha zona de rápidos que por pouco caemos pola borda. Desta vez ninguén se escaqueou e conseguimos non caer pola borda, pero entón comezaron a caernos rochas do teito, que ameazaban con destruir o barco. Os que temos as partes máis cadradas decidimos lanzarnos ás pedras antes que poñer en perigo o barco, Jimjar e máis eu ata conseguimos desviar a pedra cara a auga (iso si, teño un moratón coma o mapa de Menzoberranzan).

Un bicho feo coma o fondo dunha botella de ácido. Daba ostias a todoo canto pillaba por diante. Nos estábamos cansados e non moi inspirados, Eu tiven que facer grandes esforzos para poder atinarlle, pero alomenos parece que o entrenamento de Ikaher non foi en balde. O problema veu cando lle atinou a Shuushar, que vamos, por pouco non acaba vendo a luz de vez. Farlee e Jimjar caeron á auga e por un intre pense que xa non as volvíamos a ver. Silge e máis eu intentamos controlar o timón pero a verdade é que estivemos bastante inútiles.

Menos mal que apareceu Farlee da nada de novo e entre todos conseguimos estabilizar o timón, mantendo o barco estable o suficiente como para que Hemez se fixera de novo co control. Oroko e Sarith atacaron á besta cos seus feitizos, e incluso Fango conseguiu encaizarlle unha trabada brutal. Iso si, pagouuno bastante caro. Si non fora porque Breina está moi encariñada con él, ese día quedaba de cebo para as pirañas. O bicho ese deunos unha tunda, pero ao final, conseguimos tumbalo. Para asegurarse, Farlee cociñouno a 200 grados e eu corteille unha gadoupa. Nunca se sabe qué tipo de cousas teñen valor no mercado negro. Máis é máis, e menos é menos, que dicía miña nai.

Sarith o pobre está maís enconado de Silge que un enano dun barril de cervexa. Xa casi lle canta as corenta por desaparecer. Pobre Silge, non é culpa del ser invisible… creo. Parece que o noso amigo githyanki quere levar as cousas amodo, iso si, pero penso que un ten que arrimar o cebolo cando pode. En fin.

Oroko cantounos unha canción ben bonita e conseguimos descansar o xusto para salvar o barco unha vez máis dunha zona de rápidos e de quedar encaixado nunhas rochas ou nun banco de area ou algo. Stool incluso se animou a remar… empezo a entender este concepto de “cuqui” que usan na superficie.

Despois de comer e descansar, Silge por fin se animou a contarnos por qué puñetas se meteu na infraescuridade, e qué era ese rompecabezas tan chungo polo que cambiamos ao meu querido Langostino (o baston kuotoa), e a verdade non sei si preferiría terme quedado có bastón. O único que había nese pergamino son problemas, problemas e máis problemas. Bah, por deixalo anotado que conste: Uns gnomos da superficie hai como mogollón de anos fixeron un censo máxico consagrado á deusa Chauntea que esconderon nonseidonde (pode que no monte Houm). Logo o monte Houm do carallo, que resulta que estaba na superficie, descendeu á infraescuridade, e alí se foi perder o irmao do meu querido amigo Ikaher. A saber qué horrores atopou. Isto pon o marcador máis preto da Arboreda da Luz Morta, iso si. Alomenos Stool vai quedar contento.

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoShuusharJimjarStoolHemezh

Experiencia Sesión 13.

Calculadora de Experiencia de creación propia. 

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Deixar un comentario